Evacuadas catro persoas dunha familia de Landrove por inhalación de monóxido de carbono

A intoxicación puido ter a súa orixe nunha mala combustión da cociña de leña

Núcleo das Toxeiras. GOOGLE MAPS

Catro persoas dunha familia foron evacuadas na madrugada deste luns da súa vivenda situada en Landrove, Toxeiras, no municipio de Viveiro, debido a un posible escape de gas motivado pola mala combustión dunha cociña de leña. Así o informou o Centro Integrado de Atención ás Dependencias (CIAE) do 112 Galicia.

Pasados uns minutos das 00.30 horas, un dos afectados chamou ao 112 Galicia para pedir axuda e indicou que os seis membros da familia, dous adultos e catro menores, atopábanse mal.

Tras pasar o aviso inmediato aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que sinalaron a posibilidade de tratarse dun escape de gas, o 112 informou os Bombeiros de Viveiro.

Tamén puxeron os feitos en comunicación da Policía Nacional, Local, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do persoal da empresa subministradora do gas da zona.

Os bombeiros, unha vez no lugar e feitas as correspondentes medicións, comprobaron que a intoxicación por monóxido de carbono tivo a súa orixe na cociña de leña e aconselleron que os profesionais sanitarios ventilaran a vivenda e que trasladasen a catro persoas da familia ao Hospital Público da Mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here