A Policía Nacional detivo este sábado a un mozo de Viveiro de 24 anos despois de que a súa parella, de 20 anos e de Lugo, o denunciara por violencia de xénero.
Tras pasar a disposición xudicial, o mozo quedou en liberdade. O xulgado decretou que non pode achegarse a cen metros da súa ex parella.
ROUBO
Por outra banda, uns ladróns levaron 30 quilos de plátano dunha coñecida froitería de Viveiro. Segundo informou a Policía, os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado tras forzar o almacén onde se atopaba, que non tiña alarma.