Os seis tripulantes do Pico da Lebre, embarcación con porto base en Celeiro, foron rescatados esta tarde a 25 millas da localidade lucense de Burela despois de que o pesqueiro no que navegaban sufrise unha vía de auga e se afundise.
Segundo os datos facilitados ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, foi outra embarcación quen recolleu á tripulación do barco, que puido abandonar o pesqueiro nunha barca salvavidas e, arestora, está sendo trasladada a porto.
Os seis tripulantes abandonaron o buque en balsa salvavidas e foron recollidos polo pesqueiro Mendaña, que os traslada a Burela. Mobilizados Salvamar Alioth e Pesca II.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 15.45 horas, a través do Servizo de Gardacostas de Galicia. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo e tamén á Garda Civil e á agrupación de voluntarios de Protección Civil de Burela.