Un mozo de Cervo, rescatado por Salvamento tras caer a unha zona rochosa da praia de Rueta

O rapaz foi localizado cun forte golpe na cabeza durante a noite, despois de que a familia advertise á tarde da súa desaparición

Helicóptero Salvamento Marítimo. TWITER SALVAMENTO

Un mozo de Cervo foi rescatado polo helicóptero de Salvamento Marítimo dunha zona rochosa da praia de Rueta, onde foi localizado cun forte golpe na cabeza durante a noite deste venres. O rapaz foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña onde se confirmou que non corre perigo.

O rescate produciuse despois dunha angustiosa búsqueda no entorno do areal cervense, despois de que a súa familia advertise da súa desaparición aos servizos de emerxencias. A escuridade complicou o traballo dos efectivos desprazados ata a zona, como relatou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quen destacou a incertidume durante a búsqueda “porque non sabiamos que lle puidera pasar” e “a satisfacción de que o caso se saldase sen peores consecuencias para o mozo, que estaba nun acantilado sen posibilidades de valerse por si mesmo”.

DISPOSITIVO

Segundo o 112, un familiar do mozo chamou ao servizo de emerxencias ao fío das 22.45 horas indicando que o rapaz saira ás 18:00 horas do seu domicilio e que se atopaba en paradoiro descoñecido. No aviso, engadiu que atoparan a furgoneta na praia da Rueta.

O CIAE informou dos feitos ao 0-61, aos Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero ata o areal. Tamén se requiriu a intervención dos Bombeiros de Viveiro, de Barreiros e das Agrupaciónss de Voluntarios de Protección Civil de Foz, Burela e Viveiro, ademais do GES de Cervo. No operativo de búsqueda participou tamén a Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emergencias (AXEGA).

Unha vez localizado o mozo, “nunha zona rochosa e de difícil acceso”, o helicóptero evacuouno ao aeroporto de Alvedro, onde se decidiu o seu traslado ao hospital coruñés.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here