Rescatan dous mozos que quedaran atrapados nun cantil de Illa Pancha

Os rapaces, evacuados polo helicóptero Pesca II, están en perfecto estado de saúde

Faro de Illa Pancha. AXM

Dous mozos tiveron que ser rescatados ao quedar atrapados nun cantil da zona de Illa Pancha, en Ribadeo, despois de lanzarse ao mar para nadar e non poder regresar á beira, ao redor do nove da noite do pasado martes.

Segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, foi un compañeiro dos dous mozos o que chamou para solicitar axuda. Daquela activouse o operativo de rescate, no que participaron efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que acudiron ao lugar tras o aviso do 112 a bordo do helicóptero Pesca II.

DESCARTOUSE A ASISTENCIA MÉDICA

Tamén colaboraron os voluntarios de Protección Civil de Ribadeo e os axentes da Policía Local. Finalmente, foron os membros da Pesca II os que rescataron aos mozos e os trasladaron a terra en perfecto estado de saúde, polo que se descartou a asistencia sanitaria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here