Imputado un mindoniense por causar un incendio con 16 puntos de inicio

Os feitos ocorreron o pasado 23 de xullo e o suposto autor, de 61 anos, foi posto a disposición xudicial

Brigadistas tentan extinguir un incendio. AXM

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Mondoñedo, de 61 anos de idade, como presunto autor dun incendio forestal con dolo. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

O lume tivo o lugar o pasado 23 de xullo na parroquia de San Martiño de Figueiras e a investigación sinala que o incendio tivo ata 16 puntos de inicio, nos que se aplicou unha fonte calorífica externa na herba e arbustos.

o lume iniciouse en 16 lugares da parroquia de san martiño de figueiras e unha rápida intervención evitou a súa continuidade

INVESTIGACIÓN

Segundo informou o Instituto Armado, chegouse a esta conclusión tras un “exhaustivo” estudo da xeometría real e potencial da superficie que percorreron as lapas, cunha análise dos grados de carbonización nos combustibles desde diferentes puntos da zona afectada e os indicadores de dirección e sentido de propagación.

EXTINGUIDO

Non existiu, segundo a investigación, continuidade do lume entre as 16 zonas dada a acción inmediata dos medios que actuaron na extinción do incendio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here