Piden o ingreso en prisión de Coté, o falso médico de Viveiro condenado a catro meses e medio polo Supremo

A sentenza decreta a elevación da pena por intrusismo e estafa nunha clínica de Castellón

Coté, á saída dun xulgado. EFE/DOMENECH CASTELLÓ

EFE. A Asociación de Afectados de Intrusismo Médico Sanitario reclamou o ingreso en prisión do falso médico ferrolano José Manuel López Pérez, coñecido como Coté, ante a sentenza do Tribunal Supremo que eleva a catro anos e medio a pena por intrusismo e estafa nunha clínica privada de Vinaròs (Castellón). Entre outros lugares, o condenado “exerceu” en Viveiro. A Audiencia de Castelló impúñalle unha pena de dous anos e nove meses.

A presidenta da citada asociación, Esther Fontán, asegurou a Efe que o fallo é “satisfactorio tras “tanto tempo; por fin unha noticia que faga xustiza”. Ao seu xuízo, é un “paso importante que lle conduce ao cárcere”.

A representante do colectivo de prexudicados polas prácticas de José Manuel López, que tamén exerceu en Ferrol, admitiu que desexarían “algo máis de tempo de condena”, pero recoñeceu que o impide o “pouco tempo que exerceu” na localidade castellonense. Ademais, sinalou que as súas prácticas non causaron “lesións” aos seus clientes dese municipio.

XUÍZO PENDENTE EN GALICIA

Considera que a sentenza do Supremo “pode acelerar” o xuízo pendente contra el na Audiencia Provincial da Coruña, e desvelou que a representación legal da asociación pediu este mesmo martes, horas logo de transcender o fallo, a “execución rápida da sentenza”.

Indicou que o xuízo na Audiencia da Coruña, suspendido pola pandemia do coronavirus ao fixarse para o día 2 de abril, conlevou un “proceso moi farragoso” debido á “cantidade de recursos para poñer paus nas rodas“.

A Fiscalía pide polos feitos das súas clínicas de Ferrol e Viveiro máis de 300 anos de prisión.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here