Este luns celebrarase na Audiencia Provincial de Lugo a R. M. B., para quen a Fiscalía pide dez anos de prisión por cometer un delito de violación en en Viveiro. O Ministerio Fiscal solicita igual tempo de inhabilitación absoluta e especial para o exercicio de sufraxio pasivo, así como a prohibición de aproximarse á vítima a unha distancia inferior a 300 metros, o seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro lugar frecuentado pola mesma, así como a prohibición de comunicarse con ela por un tempo de 15 anos; ademais, seis anos de liberdade vixiada e costas, cunha indemnización á persoa supostamente agredida sexualmente de 6.000 euros, máis outros 362 euros para o Sergas.
Segundo o escrito de acusación, o suposto violador, maior de idade e condenado con anterioridade por un delito de lesións, coñeceu á vítima, G., o día 9 de xullo do 2019 nun pub de Foz. Propúxolle dar unha volta ata o porto de Viveiro. Unha vez alí, o procesado suxeriulle que se sentasen no coche, ao que a persoa agredida accedeu. Ambos comezaron a bicarse, pero nun determinado momento, o procesado fixo caso omiso das peticións de G. para que deixase de tocala.
Deste xeito, agarrouna polo brazo impedíndolle saír do coche e espiuna pola forza, penetrándoa por vía vaxinal. A vítima conseguiu apartar ao procesado e escapar unha vez este consumara a agresión sexual, segundo a Fiscalía.
TRATAMENTO PSICOLÓXICO
O Ministerio Fiscal resalta que a vítima, a consecuencia destes feitos, sufriu un trastorno de estrés postraumático, “para cuxa sanidade resultou obxetivamente necesario tratamento psicolóxico, sendo o tempo de curación de 180 días de prexuízo básico, e restándolle secuelas de carácter leve”.