InicioSucesosPiden dez anos de cárcere para un acusado de violación en Viveiro

Piden dez anos de cárcere para un acusado de violación en Viveiro

Os feitos aconteceron en xullo do 2019; segundo a Fiscalía, tras bicarse nun coche a vítima pediulle que parase de tocala pero o procesado forzouna a consumar o acto sexual

Publicada o

- Advertisement -

Este luns celebrarase na Audiencia Provincial de Lugo a R. M. B., para quen a Fiscalía pide dez anos de prisión por cometer un delito de violación en en Viveiro. O Ministerio Fiscal solicita igual tempo de inhabilitación absoluta e especial para o exercicio de sufraxio pasivo, así como a prohibición de aproximarse á vítima a unha distancia inferior a 300 metros, o seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro lugar frecuentado pola mesma, así como a prohibición de comunicarse con ela por un tempo de 15 anos; ademais, seis anos de liberdade vixiada e costas, cunha indemnización á persoa supostamente agredida sexualmente de 6.000 euros, máis outros 362 euros para o Sergas.

Segundo o escrito de acusación, o suposto violador, maior de idade e condenado con anterioridade por un delito de lesións, coñeceu á vítima, G., o día 9 de xullo do 2019 nun pub de Foz. Propúxolle dar unha volta ata o porto de Viveiro. Unha vez alí, o procesado suxeriulle que se sentasen no coche, ao que a persoa agredida accedeu. Ambos comezaron a bicarse, pero nun determinado momento, o procesado fixo caso omiso das peticións de G. para que deixase de tocala.

Deste xeito, agarrouna polo brazo impedíndolle saír do coche e espiuna pola forza, penetrándoa por vía vaxinal. A vítima conseguiu apartar ao procesado e escapar unha vez este consumara a agresión sexual, segundo a Fiscalía.

TRATAMENTO PSICOLÓXICO

O Ministerio Fiscal resalta que a vítima, a consecuencia destes feitos, sufriu un trastorno de estrés postraumático, “para cuxa sanidade resultou obxetivamente necesario tratamento psicolóxico, sendo o tempo de curación de 180 días de prexuízo básico, e restándolle secuelas de carácter leve”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...