EFE. Axentes da Garda Civil interceptaron na localidade lucense de Ribadeo a un vehículo procedente de Cantabria, con tres persoas a bordo, que viaxaba en dirección A Coruña nun desprazamento non autorizado, o que motivou que os seus ocupantes fosen denunciados por incumprir as normas establecidas no estado de alarma.
Segundo informou o Instituto Armado, sucedeu o pasado venres nun control de estrada instalado na Autovía do Cantábrico –A-8–, á altura do quilómetro 508, no municipio de Ribadeo, cerca do límite co Principado de Asturias.
A Garda Civil despregara un amplo dispositivo encamiñado “a detectar desprazamentos irregulares procedentes de Asturias”.
Aínda que a “normalidade e a legalidade foi a tónica xeral”, dado que a maioría dos condutores axustábanse “ás restriccións” impostas con motivo do estado de alarma, os axentes denunciaron aos tres ocupantes dun vehículo que “realizaban un desprazamento non autorizado desde Cantabria cara á Coruña”.
As denuncias foron remitidas á Subdelegación do Goberno en Lugo.