Un ferido nunha colisión entre unha moto e un coche no Vicedo

O condutor da motocicleta foi evacuado para recibir asistencia sanitaria tralo sinistro, que ocorreu na LU-862

LU-862. GOOGLE MAPS

O condutor dunha moto que colisionou cun coche na tarde deste venres no Vicedo resultou ferido e foi evacuado para recibir asistencia sanitaria. O sinistro produciuse sobre as 17.00 horas, á altura do punto quilométrico 73,800 da LU-862, a estrada que une a capital municipal vicedense con San Cibrao.

Así o confimaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, que mobilizou daquela a operarios do 061, Bombeiros de Viveiro, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil do Vicedo e aos servizos de mantemento da estrada.

Segundo precisaron as mesmas fontes, a persoa ferida no accidente foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here