InicioSucesosRescatados os cinco tripulantes do Roymar, que ardeu a 30 millas de...

Rescatados os cinco tripulantes do Roymar, que ardeu a 30 millas de Ribadeo

Na madrugada do mércores, o helicóptero Pesca II recolleu aos mariñeiros do volanteiro, con base en Laxe

Publicada o

- Advertisement -

Os cinco tripulantes do volanteiro Roymar, con base en Laxe, foron rescatados durante a madrugada deste mércores nun operativo no que participaron Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia, despois de que o buque se incendiase cando se atopaba a unhas 30 millas ao norte de Ribadeo.

DISPOSITIVO

A alerta recibiuse ás 1.13 horas. O centro de Salvamento Marítimo de Fisterra coordinou a emerxencia. Mobilizou ao helicóptero da Xunta de Galicia Pesca II e á embarcación Alioth. Tamén contactou con varios pesqueiros, de xeito que se dirixiron cara a zona outros cinco barcos.

O helicóptero Pesca II logrou rescatar ao cinco tripulantes, que abandonaran o buque e agardaban axuda nunha balsa salvavidas. Foron trasladados ao porto de Celeiro.

MEDIDAS DE CONTROL AMBIENTAL

Dado que o barco non se afundiu e seguiu a arder, Alioth permanece desde a madrugada no lugar. Ás once da mañá, a embarcación será relevada polo buque Sar Gavia. Así, controlarase a situación por precaución e aplicar medidas de control ambiental e anticontaminación, de seren precisas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...