Tres tripulantes dunha embarcación de recreo varado na enseada de Illa Pancha, en Ribadeo, foron rescatados na tarde deste xoves. Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o rescate produciuse grazas a outro barco particular que se atopaba próximo ao grupo en atrancos no momento dos feitos.
Posto que os tripulantes da embarcación encallada xa levaban un par de horas dentro da auga, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia para que os puidesen atender ao chegar ao peirao de Ribadeo. Con estes datos, o 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo, a Gardacostas de Galicia, así como aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, e tamén aos membros de Protección Civil de Ribadeo.