InicioSucesosDetidos dous homes en Viveiro, un por violencia de xénero e outro...

Detidos dous homes en Viveiro, un por violencia de xénero e outro por roubo con forza nunha tenda

O primeiro dos arrestados, que se entregou tras ser denunciado por ameazas á súa ex parella a través das redes sociais, foi posto en liberdade con medida de afastamento

Publicada o

- Advertisement -

JUAN MAYA. A Policía Nacional informou da detención de dous homes en Viveiro, un deles por violencia de xénero e outro por un roubo con forza.

Na tarde do luns 20, a Comisaría de Oviedo informou dunha denuncia formulada en contra dun veciño de Viveiro por ameazar á súa ex parella empregando as redes sociais. Na orde solicitábase o afastamento e a prohibición de comunicarse con ela.

O denunciado acudiu voluntariamente á Comisaría de Viveiro pola noite ao decatarse de que estaba a ser buscado pola Policía. Foi posto a disposición xudicial á mañá seguinte, decretándose a súa posta en liberdade coa medida de afastamento.

A INFORMACIÓN DOS VECIÑOS, CHAVE PARA O SEGUNDO ARRESTO

Por outra banda, sobre as 04.00 horas da madrugada do martes 21 de xullo, os funcionarios da Comisaría detiveron no seu domicilio a un home, como presunto autor dunha tentativa de roubo nun locutorio do casco antigo da cidade. O varón forzou a porta do comercio para poder acceder ao seu interior, mais non chegou a roubar nada.

As informacións que aportaron os veciños permitiron aos axentes seguir o seu rastro e localizalo no seu domicilio, onde foi arrestado presentando feridas por cortes que coincidían cos danos que tiveron lugar no locutorio.

O mércores 22 foi posto a disposición xudicial e finalmente decretouse a súa liberdade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...