InicioSucesosDetido en Ribadeo tras roubar caixas de cervexa nun bar e presentarse...

Detido en Ribadeo tras roubar caixas de cervexa nun bar e presentarse despois para devolver o material

A Garda Civil investiga a un rapaz de 27 anos da vila ribadense por unha suposta agresión que lle custou á vítima varios puntos de sutura

Publicada o

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo a un veciño desta localidade, de 22 anos de idade, como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas. Os feitos tiveron lugar durante a pasada madrugada, cando persoas descoñecidas accederon ao interior do almacén dun establecemento de hostalería e subtraeron varias caixas de cervexa e bebidas alcólicas. Procedeuse á detención do presunto autor, cando se presentou no mesmo local coa suposta intención de devolver todo o material roubado horas antes. A persoa detida foi posta disposición xudicial.
Por outra banda, o Instituto Armado imputou en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo de 27 anos de idade como suposto autor dun delito de lesións. No transcurso dunha discusión nun parque, o presunto autor supostamente agridiu a un terceiro causándolle unha ferida de varios centímetros na fronte que necesitou puntos de sutura. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...