InicioSucesosMorre un bañista na praia de Cantil, en Barreiros

Morre un bañista na praia de Cantil, en Barreiros

Ao lugar trasladouse un equipo médico do 061 que tratou de reanimar a esta persoa, que se atopou indisposta cando se atopaba na beira, pero que non puido facer nada

Publicada o

- Advertisement -

Unha persoa morreu este domingo tras sufrir unha indisposición na praia de Cantil, en Barreiros, informaron fontes do 112 de Galicia.

Ao lugar trasladouse un equipo médico do 061, que tratou de reanimar a esta persoa, que se atopou indisposta cando se atopaba na beira, pero que non puido facer nada. Ao lugar desprazáronse tamén axentes da Garda Civil, indicaron as mesmas fontes.

RESCATE EN FONTELA-VALEA

Ademais, noutra praia do mesmo municipio, a de Fontela-Valea, dúas persoas que se atopaban en apertos tiveron que ser rescatadas da auga. Varios particulares alertaron pouco antes das 13.00 horas de que había dous bañistas en dificultades para saír da auga debido á ondada.

O 112 púxose en contacto con Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia para coordinar o operativo, pero estas persoas foron recollidas pouco despois polos socorristas do areal nunha embarcación e non fixeron falta máis medios de intervención. Un dos bañistas foi trasladado polos servizos sanitarios a un centro hospitalario para avaliar o seu estado. Tamén colaboraron no operativo axentes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...