InicioSucesosInvestigan a un turista en Ribadeo por roubar un móbil durante o...

Investigan a un turista en Ribadeo por roubar un móbil durante o rexistro de viaxeiros nun hotel

A Garda Civil arrestou na mesma localidade a unha muller de 32 sobre a que pesaba unha orde de detención

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de San Agustin de Guadalix (Madrid) de 20 anos como suposto autor dun delito de furto. Os feitos delituosos tiveron lugar no transcurso da formalización dos trámites de rexistro de viaxeiros nun establecemento hostaleiro da localidade lucense de Ribadeo, cando supostamente a persoa investigada, que foi posta a disposición xudicial, roubou un teléfono móbil a un terceiro.

Por outra banda, o Instituto Armado detivo na mesma localidade a unha veciña de Madrid de 32 anos de idade, á cal lle consta unha sinalización en vigor dimanante do Xulgado de Instrución nº 1 de Gandía (Valencia) de procura, detención e comparecencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...