Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta en Burela deixa unha persoa ferida e evacuada ao Hospital

O furgón envorcou polo impacto do choque, que se produciu arredor das 15.55 horas

Colisión entre un turismo e unha furgoneta en Burela. AXM

Unha colisión entre dous vehículos na rúa Pardo Bazán de Burela saldouse cunha persoa ferida, que foi evacuada en ambulancia ao Hospital Público da Mariña tras envorcar a furgoneta que conducía.

Segundo concretaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o incidente produciuse sobre as 15.55 horas deste martes, cando un coche e unha furgoneta colisionaron.

Segundo as primeiras informacións unha persoa quedara atrapada na furgoneta, que envorcou polo impacto, pero posteriormente confirmouse que saíra do vehículo sen necesidade de excarceración, anulando a petición realizada aos Bombeiros de Barreiros.

Deuse aviso a Protección Civil, Policía Local, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo e 061-Urxencias Sanitarias. A persoa ferida foi evacuada ao centro hospitalario de Burela, sen que por agora trascendesen máis novas sobre o seu estado de saúde.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here