Falece un bañista que apareceu flotando inconsciente na praia das Catedrais

O falecido é un varón de 50 anos, residente en Alcalá de Henares

Praia das Catedrais. EFE/ELISEO TRIGO

Un bañista de 50 anos, veciño de Alcalá de Henares, faleceu este xoves na praia das Catedrais despois de que aparecese inconsciente e flotando na auga.

O falecido foi atopado sobre as 19.40 horas, e morreu despois de que se lle practicasen exercicios de reanimación durante case unha hora. Por agora non está claro o motivo do suceso, se se tratou dun infarto ou ben da consecuencia dun golpe con algunha das zonas rochosas do monumento natural.

Acudiron ao areal ribadense socorristas do servizo de Ribadeo, que volveron ás Catedrais ao coñecer o suceso, que aconteceu logo de que rematara a súa xornada laboral, axentes da Policía Local, da Garda Civil e persoal do 061-Urxencias Sanitarias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here