Un bañista de Celeiro de 38 años faleceu o pasado martes tras ser rescatado cando nadaba na praia de Area, no municipio de Viveiro. No salvamento participou o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia Pesca II, que foi mobilizado preto das 20.15 horas, cando un familiar do falecido alertaba ao 112 Galicia de que non o localizaban na zona de baño onde fora visto por última vez.
Tras practicarlle os primeiros auxilios, o equipo de rescate que se desprazou a bordo da aeronave evacuou o varón ata o Hospital Público da Mariña.
Os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén, desde CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Viveiro.
Finalmente, a persoa rescatada perdeu a vida e os profesionais sanitarios non poideron facer nada por salvarlle a vida.