InicioSucesosDous excarcerados e evacuados ao Hospital tras chocar unha furgoneta e un...

Dous excarcerados e evacuados ao Hospital tras chocar unha furgoneta e un coche no Castelo

O sinistro, que se produciu ás 8.34 horas deste venres, saldouse cun ferido por vehículo; o ocupante do turismo sufriu múltiples traumatismos

Publicada o

- Advertisement -

Unha colisión entre un coche e unha furgoneta de reparto de pan na zona do Castelo, onde comeza o termo municipal de Xove e remata o de Cervo, saldouse con dúas persoas feridas que quedaron atrapadas en cadanseu vehículo e foron excarceradas e trasladadas ao Hospital Público da Mariña.

Así o confirmou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, que recibiu aviso do sinistro ás 8.34 horas. Foi persoal dos servizos sanitarios de Urxencias 061 quen alertou da colisión no quilómetro 98,4 da LU-862, a onde se desprazou a ambulancia medicalizada da Mariña e outra de soporte vital básico. Tamén se mobilizou ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, a Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Viveiro.

Foron estes os encargados de excarcerar a unha persoa por vehículo. Unha tarefa que resultou máis complexa, polo estado do vehículo, no caso do ocupante do turismo, que sofreu múltiples traumatismos. As dúas persoas foron evacuadas ao centro hospitalario de Burela, ambas conscientes.

TRÁFICO CORTADO

Ao peche desta información, o tráfico pesado seguía cortado a esa altura da LU-862, mentres se acometían tarefas de limpeza da estrada e se trataban de dilucidar as causas do accidente.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...