InicioSucesosDeteñen a un veciño de Foz por agresión e ameazas de morte...

Deteñen a un veciño de Foz por agresión e ameazas de morte con arma branca

A persoa arrestada, de 55 anos, foi posta a disposición xudicial

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade de Foz, na Mariña Lucense, a un veciño desta mesma localidade de 55 anos de idade como suposto autor dun delito de lesións por agresión e ameazas de morte con arma branca. Así o concretou este martes o Instituto Armado a través dun comunicado remitido aos medios de comunicación.

Segundo precisa a Benemérita na mesma nota de prensa, a persoa detida foi xa posta a disposición xudicial.

APUÑALAMENTO EN SARRIA

Namentres, a Garda Civil segue buscando a un home que onte apuñalou a outro en pleno centro de Sarria, na Praza da Vila.

Este suceso produciuse sobre as 21.00 horas, segundo informaron fontes da Benemérita, cando un particular avisou ás forzas da orde de que un home estaba ferido e sangrando na céntrica praza, o que motivou que varios axentes da Garda Civil e da Policía Local se presentasen no lugar dos feitos.

O ferido, un home de 33 anos, presentaba unha ferida por arma branca na rexión torácica, polo que foi evacuado ao HULA.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...