IniciosociedadeDúas mulleres feridas ao saír da vía un coche e bater contra...

Dúas mulleres feridas ao saír da vía un coche e bater contra un muro en Vilaframil

As ocupantes do vehículo poideron saír do mesmo polo seu propio pé, aínda que precisaron de asistencia sanitaria

Publicada o

- Advertisement -

Unha saída de vía dun coche que bateu contra un muro en Vilaframil, no municipio de Ribadeo, deixou dúas mulleres feridas na mañá deste mércores, segundo concretaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia.

De acordo coas mesmas fontes, o incidente produciuse sobre as 10.15 horas, cando un particular avisou de que un turismo batera contra un muro na estrada N-634. As dúas ocupantes do vehículo poideron saír do mesmo polos seus propios medios, aínda que si precisaron de asistencia sanitaria.

O 112 Galicia deu aviso a 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Barreiros, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Ribadeo, e ao servizo de mantemento da estrada, que requeriu de labores de limpeza e restablecemento da circulación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...