InicioSucesosUn home falece en Riotorto ao quedar atrapado baixo un tractor

Un home falece en Riotorto ao quedar atrapado baixo un tractor

O suceso produciuse nunha leira situada no lugar de Lorigados, onde os Bombeiros de Barreiros deberon excarcerar o corpo da vítima

Publicada o

- Advertisement -

Un home faleceu este xoves ao quedar atrapado baixo un tractor no concello lucense de Riotorto, informou o 112, que indicou que foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberalo.

O suceso produciuse nunha leira situada no lugar de Lorigados, agregaron as mesmas fontes. Ao lugar desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, posto que foi necesario liberar á vítima co material de excarceración.

 Ademais, interviñeron o GES da Pontenova, a Garda Civil e Protección Civil, de acordo cos datos aportados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 a través da súa conta de Twitter.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...