InicioSucesosPiden cinco anos de cárcere para un adestrador deportivo por abusar dunha...

Piden cinco anos de cárcere para un adestrador deportivo por abusar dunha xogadora menor de idade

Segundo a Fiscalía, o acusado aproveitou entre 2015 e 2017 "a súa posición como referente" para manter "contactos de natureza sexual" coa suposta vítima

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía de Mondoñedo solicita cinco anos de prisión para un home ao que acusa de facer valer a súa posición como adestrador deportivo para cometer un delito continuado de abuso sexual a unha menor de 16 anos.

Segundo o escrito de acusación, os feitos sucederon entre xullo de 2015 e xaneiro de 2017, cando se presentou a denuncia. O acusado, maior de idade e sen antecedentes penais, “actuando con ánimo de satisfacer os seus instintos libidinosos”, asegura a Fiscalía, “mantivo unha relación sentimental coa vítima, menor de idade neses momentos e da cal o acusado era adestrador deportivo”.

Deste xeito, de acordo coa mesma fonte, o acusado, “prevaléndose este da súa posición de referente e autoridade que exercía sobre ela, tanto a nivel deportivo como persoal”, mantivo coa menor “en varias ocasións contactos de natureza sexual con bicos e caricias íntimas mutuas”.

ORDE DE AFASTAMENTO E INHABILITACIÓN PARA OFICIOS QUE CONLEVEN O CONTACTO CON MENORES

Así, o fiscal entende que os feitos son constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais a menor de 16 anos, pedindo unha pena de “cinco anos de prisión e as accesorias de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena”, ademais da “prohibición de aproximarse á vítima a unha distancia inferior de 500 metros e de comunicarse con ela por calquera medio durante un período de seis anos“.

Tamén, “a inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que conleve contacto regular e directo con menores de idade durante cinco anos”, e un lustro de “liberdade vixiada unha vexa vez cumprida a pena de prisión anterior”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...