InicioSucesosRescatados tres mariñeiros tras afundirse o seu barco fronte á costa de...

Rescatados tres mariñeiros tras afundirse o seu barco fronte á costa de Foz

Os tres tripulantes do 'Sapilo', de Burela, foron evacuados ao porto de Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

O helicóptero da Xunta de GaliciaPesca 2rescatou na madrugada deste luns aos tres tripulantes do pesqueiro ‘Sapilo, de Burela, tras afundirse fronte á costa de Foz despois de sufrir unha vía de auga.

Segundo a información facilitada por Salvamento Marítimo, ás 4.26 horas deste luns recibiuse o aviso do ‘Sapilo’, con porto basee en Burela, de que sufrira unha vía de auga tras varar nunha zona de rocas fronte á praia de Llas.

Tras a chamada de emerxencia, o Centro de Salvamento de Fisterra coordinou o dispositivo de rescate, que efectuou o helicóptero ‘Pesca 2’ do Servizo de Gardacostas da Xunta. Os tres tripulantes foron rescatados sans e salvos e foron evacuados ata o Porto de Celeiro, desde onde a Garda Civil trasladounos ao seu porto base.

Ás 5.43 horas a ‘Pesca 2’ estaba de regreso co tres tripulantes recatados, que se atopaban “todos ben” e non necesitaban asistencia médica, confirmaron as mesmas fontes. No marco deste operativo foron mobilizadas, ademais, as embarcacións ‘Salvamar Alioth‘ de Salvamento e a ‘LS Saturno‘ de Cruz Vermella para controlar posibles fugas de combustible e recoller restos do naufraxio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...