Reflotado en Burela o Sapilo, que foi a pique o luns con tres tripulantes rescatados

A Salvamar Alioth remolcou o pesqueiro desde a contorna de Llas, en Foz, ata o porto burelao, onde a manobra xerou expectación e deixou ver os danos na zona de estribor do barco

Imaxe do Sapilo, unha vez reflotado. CEDIDA

O Salvamar Alioth remolcou o pasado mércores ata o porto de Burela ao barco pesqueiro Sapilo, que se foi a pique o pasado luns de madrugada nunha zona rochosa situada fronte á praia de Llas, no municipio de Foz. Os tres tripulantes da embarcación foron rescatados sans e salvos polo helicópetero ‘Pesca 2‘, do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia.

Unha vez no peirao burelao, o barco foi reflotado nunha manobra que causou grande expectación na vila de Burela. A nave, con casco de madeira, catro metros de manga e 12,70 de eslora, do ano 1995, deixaba ver danos de consideración na zona de estribor.

Foi un novo percance neste 2020, afortunadamente sen ter que lamentar danos persoais, para a pequena tripulación do barco, que debeu gardar corentena en Cantabria no pasado mes de xullo despois de que se detectaran positivos por coronavirus en boniteiros da frota de Burela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here