EFE. A Garda Civil informou de que cinco persoas foron imputadas na provincia de Lugo, entre elas dúas no municipo de Foz, nos últimos días como investigadas por delitos de lesións ou ameazas.
En concreto, imputou a un home rumano, de 27 anos de idade e veciño de Vilalba, como suposto autor dun delito de ameazas nesa localidade.
Tamén imputou por ameazas en Foz a un veciño de Fazouro, de 51 anos de idade.
En canto aos imputados por lesións, figura como investigado un mozo de Vilaxoane -de 23 anos de idade-, no municipio de Foz, por uns feitos ocorridos nesa localidade da Mariña en decembro de 2019.
Tamén figura como investigado por un delito de lesións, neste caso producidas a un terceiro durante o pasado mes de agosto en Sarria, un veciño da localidade, de nacionalidade peruana e 28 anos de idade.
Para rematar, a Garda Civil imputa por lesións a un veciño de Vilalba de 29 anos de idade, por unha pelexa ocorrida nese municipio o pasado 22 de setembro.
Todas as persoas investigadas foron postas a disposición da Xustiza.