Os servizos de emerxencia tiveron que intervir o pasado xoves no lugar de Santa Marta de Meilán, en Riotorto, para auxiliar un varón que caeu por un terraplén cando manexaba o seu tractor.
O incidente ocorreu poucos minutos despois das oito horas da pasada tarde e foron os profesionais sanitarios os que chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, o ferido atopábase liberado e accesible.
Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Barreiros, aos membros do GES da Pontenova, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Riotorto.
Finalmente, o home foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.