InicioSucesosExcarcerada e evacuada ao Hospital a condutora dun turismo tras saírse da...

Excarcerada e evacuada ao Hospital a condutora dun turismo tras saírse da vía no Valadouro

O sinistro aconteceu na LU-161, sobre as nove da noite do pasado venres

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser excarcerada a pasada noite polos servizos de emerxencias despois de que o coche no que circulaba sufrise unha saída de vía no termo municipal lucense do Valadouro.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os equipos de intervención tiveron que usar o material de excarceración para liberar a ferida despois que o seu vehículo batese contra o gardarraíl da vía.

Todo comezou ás 21.00 horas de onte, cando un equipo do servizo de mantemento da estrada chamou ao 112 Galicia tras atoparse cun vehículo accidentando na LU-161, no punto quilométrico 14. Indicaba que a condutora e única ocupante do vehículo necesitaba axuda médica urxente, ademais, advertía que a persoa estaba atrapada no seu interior.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Barreiros, dos membros do GES da Cervo e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tras ser liberada, a persoa ferida puido recibir asistencia médica por parte dos profesionais sanitarios e, finalmente, trasladada ao Hospital Público da Mariña.

Cómpre sinalar que desde o 112 tamén pasouse aviso, por se fose precisa a súa intervención, aos Bombeiros de Viveiro e aos voluntarios de Protección da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...