Un home detido xunto á súa parella en Foz pola súa suposta implicación nunha rede de narcotráfico ingresou en prisión, mentres que a muller quedou en liberdade.
Os arrestos forman parte dunha operación antidroga realizada pola Unidade de Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo que continúa aberta, segundo informan fontes da investigación.
O operativo, sobre o que pesa segredo de sumario, investiga unha rede de venda de cocaína na comarca da Mariña luguesa, aínda que podería abrirse a outras zonas fóra da provincia de Lugo.
No marco desta operación, unha parella residente en Foz foi detida, aos que poderían sumarse novos arrestos nas próximas horas.
NOVAS DETENCIÓNS E INGRESOS EN PRISIÓN
Esta información foi ampliada nas últimas horas, con novas detencións e ingresos en prisión. Podes consultar a actualización nesta ligazón.