InicioSucesosFerido grave tras precipitarse o coche que conducía por un terraplén de...

Ferido grave tras precipitarse o coche que conducía por un terraplén de catro metros no Vicedo

O accidente produciuse no lugar de Suaigrexa e o home, que quedou atrapado no turismo ata ser excarcerado polos Bombeiros de Viveiro, foi evacuado en ambulancia ao Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Un home resultou ferido de gravidade e foi evacuado en ambulancia ao Hospital Público da Mariña despois de que o coche que conducía se precipitase por un terraplén no Vicedo.

O accidente aconteceu no lugar de Suaigrexa sobre as 14.00 horas deste xoves, segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia. Foi unha persoa particular quen deu aviso do sinistro.

O turismo caeu por un terraplén duns catro metros de altura. Foi preciso que os Bombeiros de Viveiro utilizasen o material de excarceramento para liberar o home.

O 112 Galicia deu aviso a 061 Urxencias Sanitarias de Galicia, Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil do Vicedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...