InicioSucesosPiden nove anos de cárcere para o acusado dunha agresión sexual en...

Piden nove anos de cárcere para o acusado dunha agresión sexual en Burela

A Fiscalía solicita ademais dez anos de liberdade vixiada, unha orde de afastamento por outros dezaseis e 18.000 euros de indemnización para a vítima por danos morais

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía de Mondoñedo pide nove anos de cárcere, así como outros dez de liberdade vixiada, para un home de orixe caboverdiana, J. L. G. F., acusado de violar a unha muller en Burela.

Segundo o escrito de acusación, o acusado abordou na rúa á vítima, J. R., o 28 de marzo do 2017, sobre as 22.30 horas, “e agarrándoa por ambos brazos conduciuna ata un lugar afastado a empurróns“. Alí, atraeuna cara si mesmo, “para contra a súa vontade introducir a súa man no interior do seu pantalón ao que (a persoa agredida) opuxo resistencia”.

Neste contexto, “o acusado, que percibira a clara negativa da vítima aos seus desexos, agarrouna de novo e máis forte, comezou a baixarlle os pantalóns e empuxouna e unha vez que a tivo debaixo del, impedindo calquera posible reacción de defensa de J., que só puido berrar para pedir auxilio, tapándolle a boca o procesado cunha das súas mans e neutralizándoa co seu peso para rematar penetrándoa vaxinalmente“.

Como consecuencia da agresión sexual referida, a presunta vítima sufriu “lesións consistentes en rascado en coxa dereita, polas que recibiu para o seu total restablecimiento e curación unicamente unha primeira asistencia médica, no Servizo Galego de Saúde que segundo certificación de gastos que constan na causa ascende a un total de 595,05 euros”.

A Fiscalía entende que os feitos relatados son constitutivos dun delito de agresión sexual, polo que pide as penas de nove anos de cárcere, a prohibición de aproximarse á prexudicada a menos de 200 metros durante 16 anos, así como liberdade vixiada polo tempo de dez anos, ou no seu caso a expulsión do acusado do territorio estatal unha vez cumpra a parte determinada polo xuíz ou tribunal. Ademais, solicita unha indemnización por danos morais que ascende a 18.000 euros.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...