InicioSucesosMorre un home atropelado polo seu propio coche en Covas

Morre un home atropelado polo seu propio coche en Covas

Os Bombeiros tiveron que liberar o cadáver do falecido, de avanzada idade e veciño do municipio de Viveiro, que quedou atrapado debaixo do vehículo

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia informou este martes de que un home foi achado morto debaixo do seu coche no lugar de Covas, no municipio de Viveiro, en concreto na contorna do cemiterio da localidade.

Os Bombeiros de Viveiro tiveron que liberar o cadáver do home, de avanzada idade e veciño do municipio de Viveiro, que se atopaba atrapado entre un seminoiro e o propio vehículo, en principio como resultado dun accidente de tráfico, ao non quedar o turismo ben freado. De acordo con esta hipótese, o falecido tentou deter o coche e foi atropelado. A Garda Civil investiga o suceso.

O 112 Galicia foi advertido sobre as 15.30 horas polos servizos de emerxencias do 061, que informaron de que unha das súas ambulancias atopou unha persoa falecida debaixo dun turismo, confirmando posteriormente de que se trataba do titular do vehículo. Daquela mobilizou á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Viveiro.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...