InicioSucesosA Fiscalía retira os cargos contra o acusado de violar a una...

A Fiscalía retira os cargos contra o acusado de violar a una muller en Burela

A suposta vítima xa retirara previamente a denuncia, segundo informara a defensa

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Fiscalía retirou a acusación contra un home de 48 anos, natural de Cabo Verde, que se sentou no banquiño dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo como suposto autor da violación dunha muller na localidade lucense de Burela, o 28 de marzo de 2017.

O acusado negou os feitos que se lle imputaban e insistiu en que as relacións “foron consentidas”, segundo informou a Efe o avogado que leva a súa defensa, Emilio Rodríguez.

O Fiscal “mantivo a acusación” ata o xuízo, explicou o letrado, malia que a suposta vítima xa retirara previamente a denuncia.

A defensa mantivo en todo momento que as relacións foron “consentidas” e que, polo tanto, “non houbo violación”.

Por mor do sucedido, o home estivo en prisión provisional desde o 31 marzo de 2017 ata o 20 de decembro do mesmo ano.

Cando saíu en liberdade provisional impúxoselle a obrigación de comparecer periodicamente no xulgado.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Alfoz presenta a súa programación de Nadal

Alfoz presenta a súa programación para este mes de decembro e abre coa Programación...