EFE. Uns 500 quilogramos de cocaína foron decomisados nunha vivenda do municipio lucense de Ribadeo nunha operación contra o narcotráfico na que foron detidas seis persoas, informaron fontes policiais.
A droga estaba almacenada nunha vivenda do lugar de Piñeira e preparada para ser distribuída para a súa venda entre bandas organizadas, segundo as citadas fontes.
Na operación participaron axentes especializados na loita contra o crime organizado que seguiron o rastro da banda, establecida na comarca de Rías Baixas.
No marco desa operación foron detidas seis persoas que, supuestamente, desprazáronse ata A Mariña para recoller os 500 quilos de droga que ía entregar a outra banda.
A droga intervida podería alcanzar un valor no mercado negro de 15 millóns de euros.