A Garda Civil detivo no día de onte a un veciño da localidade lucense de Burela, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de tráfico de drogas. Así o anunciou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa.
De acordo coa mesma fonte, no momento da súa detención incautáronselle catro papelinas de suposta heroína e tres papelinas de suposta cocaína que portaba no interior da boca.
Tras un rexistro domiciliario posterior localízase no seu interior 329 doses de suposta heroína e 186 doses de suposta cocaína, dispostas para a súa venda.
A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Viveiro (Lugo).