Prenden lume aos contedores dunha rúa de Ribadeo e danan unha casa

As forzas de seguridade investigan os feitos, acontecidos na Avenida de Calvo Sotelo; o alcalde lamenta a perda "dunha chea de cartos públicos e danos nunha propiedade privada"

Imaxe do resultado do acto vandálico en Ribadeo. AXM

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, cualifica de lamentable o acto vandálico ocorrido esta pasada noite na Avenida de Calvo Sotelo. Alí persoas descoñecidas prenderon lume aos contedores. Unha vivenda resultou danada.

O rexedor ribadense dixo que “se trata dun feito lamentable. Foi esta noite. Desde logo que casual non é. A Policía Local e máis a Garda Civil sufocaron o lume con extintores e logo os Bombeiros de Barreiros remataron o traballo”, expuxo.

Suárez Barcia engadiu que “o contedor, a árbore, a vivenda de ao pé coas persianas derretidas e os cristais rotos polo calor. Unha chea de cartos públicos e danos na propiedade privada. Xa todo o mundo o está a pasar abondo mal e xa temos abondos aspectos negativos aos que facerlles fronte nesta terrible pandemia que estamos a vivir, como para que aínda teña q vir alguén a enrarecer a situación máis e facer aínda máis dano. Sen palabras”, indicou.

As forzas de seguridade investigan os feitos. O Concello procedeu esta mañá a limpar a zona.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here