InicioSucesosDoce anos de cárcere para un veciño de Viveiro por abusar da...

Doce anos de cárcere para un veciño de Viveiro por abusar da filla da súa parella desde nena

O tribunal imponlle ademais dez anos de liberdade vixiada e o pagamento dunha indemnización de 15.000 euros á vítima

Publicada o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a doce anos de cárcere un home residente en Viveiro, sospeitoso de abusar da filla menor de idade da súa parella desde que tiña once anos. O tribunal considérao autor dun delito continuado de abuso sexual con acceso carnal sobre menor de dezaseis anos e con prevalemento de superioridade. Ademais, impúxolle dez anos de liberdade vixiada e a prohibición de comunicarse por calquera medio e aproximarse á vítima durante vinte anos, así como o pagamento dunha indemnización de 15.000 euros.

Os maxistrados consideran acreditado que o sospeitoso cometía os abusos no domicilio familiar, cando quedaba ao coidado da vítima e dos seus dous irmáns, xa que a súa nai adoitaba chegar a casa pasada a medianoite debido ao seu traballo. Os xuíces entenden na resolución que a presunción de inocencia queda “destruída” porque “non existe ningún elemento que autorice a dubidar” de que os feitos ocorreron segundo se declaran probado, en especial, “o testemuño da menor, que pola natureza dos feitos axuizados é a proba esencial, aínda que non única, para acreditalos”.

O tribunal salienta que a versión da vítima “reúne os requisitos esixidos xurisprudencialmente para dotala de valor probatorio“. A Audiencia conclúe que o acusado, “con ánimo de satisfacer os seus apetitos sexuais, en numerosas ocasións realizou actos de carácter sexual sobre a menor, en cuxa cama se metía cando non estaba a súa nai”.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...