Detido en Ribadeo un veciño de Fene por suposto tráfico de drogas

Coa detención, asegura a Garda Civil, conclúese un operativo polo que se arrestou a un ribadense ao que se lle interceptaron case 150 doses de cocaína e heroína

Axente da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo no día de onte na localidade lucense de Ribadeo a un veciño de FeneFerrol (A Coruña) de 54 anos de idade como suposto autor dun delito de tráfico de drogas.

O arresto produciuse no marco dun operativo policial iniciado o pasado mes de maio, a través do cal se detivo a un veciño de Ribadeo, de 48 anos de idade, ao que se lle interviñeron 51 doses de cocaína base e 88 doses de heroína dispostas para a venda na localidade ribadense. Coa detención no día de onte dáse por finalizado este operativo policial.

A persoa detida, que foi posta a disposición xudicial, colaboraba supostamente na distribución de cocaína e heroína a potenciais consumidores da zona, segundo informa o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here