InicioSucesosPiden seis anos por roubar case 16.000 euros a unha familia que...

Piden seis anos por roubar case 16.000 euros a unha familia que lle daba acubillo na Pontenova

Segundo a Fiscalía, o acusado aproveitouse da relación "de confianza" cunha familia para subtraer obxectos dos domicilos e usar a tarxeta de crédito dun dos membros

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Fiscalía solicita seis anos e medio de cárcere para un home acusado de aproveitarse da relación de “confianza” que tiña cunha familia da comarca da Mariña de Lugo, que o axudaba economicamente e ofrecíalle acubillo, para roubar obxectos no interior dos seus domicilios e usar a tarxeta de crédito dun dos seus membros, por un importe total que se aproxima aos 16.000 euros.

Segundo o fiscal, a relación de “confianza” coa familia, con “trato case diario”, fixo que un dos seus membros lle permitise vivir nunha casa que a familia tiña desocupada no municipio da Pontenova, ademais de darlle as chaves da súa propia vivenda e o número da súa tarxeta de crédito para que puidese recargar o seu teléfono móbil.

Na vivenda do citado termo municipal, o propietario gardaba nunha habitación pechada con chave varias antigüidades.

O sospeitoso, segundo o relato do fiscal, aproveitou a súa “vantaxosa circunstancia” para forzar a pechadura e apoderarse de dous reloxos de sobremesa, cuxo propietario valorou en 1.050 euros.

Así mesmo, considera probado que utilizou o número da tarxeta bancaria para realizar diversos cargos na mesma, sen permiso do seu propietario, por importe de 1.170 euros.

Tamén entrou na vivenda do seu benefactor mentres este visitaba ao seu fillo en Barcelona, sostén o ministerio público, onde forzou unha caixa de caudais metálica para apoderarse de catro reloxos de ouro, tres de peto e un de pulsera, así como unha moeda de ouro de 50 pesos mexicanos, todo iso valorado en 13.600 euros.

SOLICITAN OUTROS DOUS ANOS PARA UN AMIGO DO PRINCIPAL ACUSADO

Ademais, o fiscal solicita dous anos e medio de cárcere para un “amigo” do principal acusado, ao que supuestamente lle entregou dous reloxos de ouro, con coñecemento de que foran roubados, e que este vendeu por 1.815 euros.

O fiscal tamén solicita que o principal acusado indemnice á vítima con 14.650 euros polos obxectos roubados, así como que lle abone os 1.170 euros que cargou sen permiso na súa tarxeta. O xuízo celebrarase na Audiencia Provincial de Lugo o día 20 de novembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...