Un home que se move en cadeira de rodas precipitouse esta tarde ao mar nunha área da parte comercial do porto de Burela, segundo concretaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia. Arestora mantense un importante despregue para tentar localizar a esta persoa. Ás 21.00 horas, momento de peche desta información, os buzos do Grupo Especial de Operacións (GEO) da Policía Nacional dispúñanse a entrar na auga.
Segundo as mesmas fontes, o 112 Galicia recibiu aviso do incidente sobre as 17.30 horas, a través dos propios profesionais sanitarios, que pedían axuda para un home que se precipitou ao mar desde a parte final do espigón. Segundo a información facilitada, testemuñas perderon de vista á persoa trala caída.
Daquela, desde o CIAE mobilizaron para o operativo a membros de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Barreiros, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, Garda Civil e Protección Civil.