InicioSucesosDous xabarís entran nunha tenda de Arcadio Pardiñas, no centro de Burela

Dous xabarís entran nunha tenda de Arcadio Pardiñas, no centro de Burela

Os animais asustáronse da presenza do dependente e saíron do negocio sen causar danos

Publicada o

- Advertisement -

Dous xabarís entraron a primeira hora da noite do martes nun ultramarinos de Burela, situado na Avenida de Arcadio Pardiñas.

Os animais asustáronse da presenza do dependente e saíron da tenda sen causar danos. Un coche que percibiu a súa presenza tentou espantalos para que marchasen do centro urbano da vila burelá, mentres os curiosos gravaban a escena en vídeo. “É o que me faltaba, ter estes novos clientes”, ironizou o mozo que atendía o negocio.

O suceso prodúcese apenas dez días despois de que se gravasen porcos bravos en pleno centro da Coruña, na rúa Juan Flórez. Asociacións animalistas aseguraron que o toque de queda favorece a súa presenza nas vilas, ao non atopar estímulos que os espanten. Por iso pediron que se trate de disuadilos con métodos non letais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...