InicioSucesosDetido un veciño de Mondoñedo de 44 anos acusado de estafar 50...

Detido un veciño de Mondoñedo de 44 anos acusado de estafar 50 euros ao dono dunha barbería

A persoa arrestada, que solicitou o préstamo vía telefónica, convenceu o dono "dándolle moitos datos" sobre o negocio e mesmo sobre conversas mantidas con anterioridade

Publicada o

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un veciño de Mondoñedo de 44 anos de idade, con varios antecedentes policiais, acusado dun delito de estafa tras apropiarse de 50 euros do propietario dunha barbería de Lugo.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron a pasada semana nunha barbería da cidade, na que un varón solicitou vía telefónica ao propietario do establecemento un total de 50 euros en calidade de préstamo.

Co obxectivo de convencer ao dono, “ao que a súa voz resultáballe coñecida“, explica o corpo policial, deulle moitos datos sobre a barbería e ata de conversacións mantidas, co que este accede ao préstamo, segundo o relato dos axentes.

Entón comunicoulle que pasaría un coñecido a recollelos, concretándose o feito minutos despois coa presenza dun varón, o agora imputado por estafa.

Para acceder á petición, o prestatario solicita que lle deixe o DNI, co que o estafador dállo. Así, comproba que os datos son os da persoa que o porta e quédase co documento á espera da devolución do diñeiro.

Con todo, despois de que non aparecese ninguén a devolverlle o diñeiro nin lle contestasen ao teléfono desde o que fora chamado, o home procedeu a denunciar os feitos.

A Policía Nacional sinalou que este ‘modus operandi‘ xa fora detectado en datas similares o pasado ano en locais de lecer. Por iso, aconsella aos comerciantes ou persoas que poidan verse nesta situación que se cercioren de calquera feito destas características, á hora de prestar diñeiro a persoas non coñecidas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...