InicioSucesosInvestigan un veciño de Vegadeo por disparar cunha escopeta de perdigóns a...

Investigan un veciño de Vegadeo por disparar cunha escopeta de perdigóns a unha cadela de 8 meses

A Protectora Occidente Astur puxo a denuncia o pasado 11 de novembro tras acoller o animal

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil da Comandancia de Oviedo investigou ao suposto autor dun delito de maltrato animal, un veciño de Vegadeo, por numerosos disparos de perdigóns e balíns en todo o corpo dunha cachorra de can, India, de oito meses de idade.

A instrución de dilixencias remitiuse ao Xulgado de Instrución de Castropol e á Fiscalía de Medio Ambiente no Principado de Asturias.

Foi a responsable da Protectora Occidente Astur, en Coaña, quen con data 11 de novembro formulou denuncia no Posto da Garda Civil de Navia, tras acoller ao animal que presentaba trabadas doutros cans, así como numerosas feridas algunhas delas xa cicatrizadas, de orixe descoñecida. Tras derivar ao animal á clínica veterinaria en La Caridad, o estudo radiolóxico localizou numerosos perdigóns e balíns por todo o corpo, procedéndose á súa extracción e tratamento das feridas.

A denuncia trasladouse ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil en Vegadeo, que rastrexou a orixe da camada desde o lugar onde se atopou ao cachorro ata a localidade de Nafarea (Vegadeo). Paralelamente, fixéronse xestións tendentes á localización de carabinas de aire comprimido, que disparan balíns e perdigóns como os extraídos do corpo do animal, acadándose a intervención a un veciño de devandita localidade, dunha carabina de características similiares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...