Arrinca case 13 anos despois o macroxuízo contra “Coté”, o falso médico de Ferrol e Viveiro

O proceso contra o acusado, para o que a Fiscalía pide 344 anos de cárcere, prolongarase ata marzo; declararán 137 prexudicados e 85 peritos

Coté, no banco da Audiencia Provincial da Coruña. EFE/KIKO DELGADO

EFE. A voceira da asociación de vítimas do falso médico ferrolán José Manuel López Pérez ‘Coté’, Esther Fontán, desexou poder “pasar páxina” co inicio do xuízo -case trece anos despois- na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña no que se lle piden máis de 300 anos de cárcere por delitos de intrusismo ou estafa, entre outros. Fontán considerou antes do inicio da vista que se vai “poder demostrar que estamos ante un gran estafador”. “Os únicos condenados fomos nós“, engadiu.

O home está acusado os delitos de intrusismo, estafa, falsidade, homicidio por imprudencia e lesións, segundo o escrito de cualificación dos feitos, para un xuízo que se prolongará ata marzo e no que a Fiscalía pide penas que suman 334 anos de cárcere, contando máis de cen vítimas de Coté, que exerceu supostamente como falso médico en Ferrol e Viveiro.

AS VÍTIMAS: “FIXO UN DANO FÍSICO, PSÍQUICO E ECONÓMICO”

A portavoz das vítimas, que suman un centenar, afirmou quetodas están a pasar momentos de “ansia”, “nervios” e “dor” por lembrar os feitos. “Isto foi un dano físico, psíquico e económico, que somos conscientes de que nada o pode reparar, ningunha condena vai satisfacernos”, asegurou.

Pola súa banda, o avogado que representa aos prexudicados agrupados nesta entidade, Rubén Veiga, que solicita as mesmas penas que Ministerio Público, celebrou que chegue o momento de “escoitar ás vítimas” tras case trece anos desde que se cometeron os feitos.

“Facíase pasar polo que non era. Para unhas vítimas era neurocirurxián, para outras era un médico especialista en extirpar tumores“, narrou o letrado, que indicou que o procesado “aplicaba unha serie de técnicas ou medidas tradicionais que non están recoñecidas amparadas pola legalidade en España”.

CUMPRE CONDENA DE CATRO ANOS E MEDIO POR ESTAFAR A UNHA VINTENA DE PERSOAS EN CASTELLÓN

O encausado cumpre unha condena de catro anos e medio na prisión do Pereiro de Aguiar (Ourense) por estafar a unha vintena de persoas en Vinarós (Castellón), tal e como o ratificou o Tribunal Supremo. Este xoves e este venres trataranse cuestións previas á vista e a declaración do acusado e a súa esposa, acusada por un delito de blanqueo de capitais, están previstas para as xornadas do 17 e o 18 de decembro. Ademais, un total de 137 prexudicados declararán na segunda quincena do mes de xaneiro, mentres que 85 peritos están citados para febreiro e marzo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here