Achan morto un pasaxeiro dun bus Viveiro-A Coruña durante unha parada nas Pontes

Trátase dun veciño da localidade chairega de Muras, de 73 anos

Imaxe do autobús. GC

Un pasaxeiro faleceu este venres nun autobús que facía a ruta entre Viveiro e A Coruña. O condutor do vehículo decatouse do ocorrido cando facía parada na estación das Pontes. Trátase dun veciño de Muras, de iniciais, J. A. M. G., de 73 años de idade.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu o aviso do incidente pouco antes das 08.00 horas e alertou do ocorrido ao 061, Policía Local e Garda Civil. Unha vez no punto, os efectivos sanitarios confirmaron que o home falecera.

Podes ler a información completa sobre este punto nesta ligazón do diario dixital Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here