InicioSucesosDefensa de "Coté", Fiscalía e acusacións negocian un acordo de conformidade

Defensa de “Coté”, Fiscalía e acusacións negocian un acordo de conformidade

O acusado enfróntase a unha pena total de 338 anos de prisión, e segundo algúns medios ofreceu cumprir seis para evitar o xuízo

Publicada o

- Advertisement -

A defensa do falso médico José Manuel López Pérez, coñecido como “Coté“, que tivo consultas en Ferrol e Viveiro, negocia un acordo de conformidade coa Fiscalía e as 13 acusacións particulares, nas que se atopan máis dun cento de vítimas e colexios oficiais de médicos e fisioterapeutas. O acusado enfróntase a unha pena total de 338 anos de prisión.

Ningunha das partes revelou detalles sobre o posible acordo, aínda que a defensa do procesado, que o propuxo, explicou que hai un “interese común” e que todas as opcións están “abertas”. Algúns medios sinalaron que Coté pretende autoinculparse ofrecendo cumprir unha pena de seis anos de prisión. A representación da asociación de vítimas sinalou que o xuízo sería “moi complicado” para o falso médico.

Sobre esta cuestión, a presidenta da asociación de vítimas do falso médico ferrolán, Esther Fontán, admitiu que non ve “claro” a posibilidade de chegar a un acordo coa defensa do coñecido como Coté por “dignidade” do arredor do cento de afectados que representa a entidade como acusación particular no caso. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...