InicioSucesos"Coté" e o cento de afectados acordan seis anos de cárcere e...

“Coté” e o cento de afectados acordan seis anos de cárcere e 3,3 millóns de indemnización

A Fiscalía pedía para o falso médico de Ferrol e Viveiro 338 anos de prisión por homicidio imprudente, un delito do que finalmente non responderá

Publicada o

- Advertisement -

O falso médico ferrolán José Manuel López Pérez, coñecido como “Coté”, que tivo consultas en Ferrol e Viveiro, aceptou seis anos de cárcere declarándose culpable dos delitos de intrusismo, lesións, falsificación e estafa na vista celebrada na Audiencia Provincial da Coruña. O acordo de conformidade entre as partes descarta así a pena de 338 anos que pedía a Fiscalía, posto que non responderá polo delito de homicidio por imprudencia do que foi acusado.

As indemnizacións alcanzarían, segundo o pacto entre as acusacións e a defensa, os 3,3 millóns de euros para o cento de vítimas personadas no caso. Segundo explicou o fiscal, no acordo contémplase atenuante “moi cualificada” de dilacións indebidas.

A súa muller, acusada de branqueo de capitais e para a que o fiscal pedía tres anos de cárcere, ve reducida a pena a un ano de prisión, por cómplice de estafa, co acordo ao que chegaron as partes.

Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...