InicioSucesosA Audiencia de Lugo absolve ao acusado de violar a súa exparella...

A Audiencia de Lugo absolve ao acusado de violar a súa exparella en Burela no 2019

A sentenza resalta que non se atopou no corpo da muller "ningún tipo de lesión" e sostén que a declaración da denunciante non está avalada "por datos obxectivos"

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu ao home acusado de violar á súa exparella, en xullo de 2019, no municipio de Burela, así como dos delitos de malos tratos que se lle imputaban, segundo recolle o fallo.

En concreto, o tribunal non considera probado que o home abusase dela sexualmente e que usase a forza e recolle que no exame xinecolóxico e anatómico que se realizou á muller os facultativos non apreciaron “ningún signo de lesión“.

Por outra banda, tampouco considera acreditado a existencia de malos tratos despois de que a exparella do home e denunciante afirmase que lle pegou nunha ocasión e noutra, ademais, cun cinto. Tamén sostén que o relato da muller “atópase carente de datos obxectivos que avalen o mesmo” e engade que hai “extremos que non apoian ou mesmo contradín” o relato que ofreceu.

No xuízo, o home, un mariñeiro con residencia en Burela e de nacionalidade de Cabo Verde, alegou que as relacións sexuais foron “consentidas” e que foi ela quen o “bicou” en “a boca”. No xuízo, a defensa, exercida polo letrado Rubén Veiga, sostivo que podería tratarse dunha “denuncia falsa“.

Tras coñecer o fallo, o avogado expresou a súa satisfacción pola sentenza absolutoria, petición que formulou no xuízo. A Fiscalía solicitaba, pola súa banda, dez anos por un delito de agresión sexual e outro nove meses por malos tratos, igual que a acusación particular.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...